15 junio 2005

De viaxe i exteriores...

Hoxe estivemos polos santiagos. Fomos resolver papeles. Xa se sabe. Sempre que hai que andar con papeles da xunta hai que ir a "aldea".

Aproveitamos para coller a nosa valentia, montarnos co noso estudio movil e perdernos por unha desas pistas de dios, das que tantas hai por Galicia adiante. Atopamos unha e ben a gusto que nos quedamos. Por certo, que non fumos os únicos que a atopamos. A proba do delito taba no chan, todo cheo de clines e material de tipo sospeitoso. Dese que non lle gusta nin a fraga nin os bispos. Comemos i estivemos así traballando todo o día o aire libre. K gozada, facer de toda galicia a tua oficina...

Xa de volta aproveitamos para visitar o artista multimedia Miguel Pinheiro. ¡Pobre home! de Luz, cuadros, multimedia, 3D, escultura, etc... conoce, pero coas computadoras a nivel sistemas está algo perdido. Ten un disco duro de 40 Mb, e, pobriño, xa o ocupou todo (en oparte pola miña culpa, pero eso é historia para outro día), i eu aconselleille que comprase outro novo, que as Gigas hoxe en día andan moi baratas, e debinlle resultar convincente. Total, que o home comprou un disco de 200 Gb. Contento como un rapaz con zapatos novos. Malo. Con estes cacharros sempre hai que tar en guardia.

¿Qué pasou? ¡Que iba pasar! ¡O de sempre! Historia de amor peliaguda entre o disco duro i a placa base. Que non se queren entre eles. Huuuum... Dixen eu. Mal asunto miguelon.... Vas ter que facer de casamenteiro... E o home quedou todo apachugado, triste e, de momento, derrotado. Pero non é un home de facil desanimo, e anda a buscar bos casamenteiros (os de antes) e se fai falta hasta algunha axencia matrimonial (que son maís fashion e molan maís), que lle resolva os desamoríos entre un disco duro e unha placa base. Saberedes maís en breve, ou como dician nas series dos 80:

Continuara....